viernes, 24 de octubre de 2008

CONTIDO

CONTIDO.- contido -da


< conter
port:contido -da cast: contenido -da ingl: contained, contents

1 p reg conter.

2 adx Que se contén ou que tende a conterse.

3 s m Aquilo que está dentro doutra cousa.

4 s m fig Materia ou argumento dun discurso, dunha obra ou doutra composición.

5 s m LING Conxunto formalizable de elementos que compoñen unha determinada unidade lingüística.

6 s m LIT Termo empregado pola crítica literaria tradicional para referirse ao significado, argumento ou tema da obra literaria.

7 s m PEDAG Acumulación de datos cualitativos que axudan a desenvolver o currículo.

8 s m FILOS Cantidade de información que comunica unha hipótese ou teoría.

TI

TI.- < lat tibi
port: ti, tu cast: ti, tú ingl: you
pron pers Pronome persoal tónico de segunda persoa de singular que funciona como suxeito, segundo termo da comparación ou como complemento tras unha preposición. OBS: Na fala tamén se recolle a forma tu.

DO

< de + o
contr de.


1 dó
< ital do
port: dó cast: do ingl: C
s m MÚS Primeiro grao da escala musical na notación silábica.


2dó

< lat tardío dŏlu ‘dor’
port: dó cast: duelo ingl:pity, grief, mourning

1 s m Sentimento de pena ou mágoa que produce no espírito o sufrimento de alguén.

2 s m Dor ou aflición que se sente por algo, especialmente pola morte de alguén.

SIN: compaixón.
CFR: misericordia, piedade.

TIDO

TIDO.- Participio do verbo ter.

SENTIDO

Sentido -da.-

1 p reg sentir.

2 adx Que demostra un sincero sentimento.

3 adx Que sente pena.

CONSENTIDO

Consentido -a: part. 1. Participio do verbo consentir. // adx. 2. Que fai o que se lle antolla porque llo consenten.