domingo, 11 de diciembre de 2011

Un riso de dentes apretados.




Rioderradeiro dixit.-


O riso deste nozo barbado é coma unha espada de dobre fío: é un SI, é un NON; é máscara e pode ser un escudo. Cando se está a decidir o futuro de UEropa, Rajoy, o da segunda fila, amosa a súa felicidade mediática a media hasta (de dentes apretados), que pode ser bandeira e non lle come o rostro nin lle apreta o sentido. Don Mariano sorrí de guapura e farda definitivo, porque se ve (de remolque) na historia. Tenche boa estatura o noso PPresidente. 
Ao mal tempo el ponlle moi boa cara.  A min plin, que son de Marín ...