Rioderradeiro dixit.-
O riso deste nozo barbado é coma unha espada de dobre fío: é un SI, é un NON; é máscara e pode ser un escudo. Cando se está a decidir o futuro de UEropa, Rajoy, o da segunda fila, amosa a súa felicidade mediática a media hasta (de dentes apretados), que pode ser bandeira e non lle come o rostro nin lle apreta o sentido. Don Mariano sorrí de guapura e farda definitivo, porque se ve (de remolque) na historia. Tenche boa estatura o noso PPresidente.
Ao mal tempo el ponlle moi boa cara. A min plin, que son de Marín ...
2 comentarios:
Dentes apertados, con motivo xustificado. Depois de ter pillado mosca, nom sexa que escape voando. O sorriso, é de orixe neuronal, non cordial. É o reflexo na cara dun moito-sei.
Pro nesta foto ha tres elementos mais que compretarían a cena. Duas garotas, que, se non son "las niñas de Rajoy", ¿son a cla?, ¿que ven elas no fotógrafo?, e por último o proprio fotógrafo.
¿E se fose que o fotografo está a chamar a atención de Moito-sei lambendo co bico da sua lingua o beizo superior, as duas garotas perguntándose se será por elas, e Moito-sei, non sorrindo senon perturbado no mais íntimo por tal xesto, se mostrase azorado?
Perguntallo ás gaivotas.
¿Um riso ou um risco?
¿De qué estás a falar?
Os reices deronme a espalda, e eu deilles. ¿Fiz bem?
Publicar un comentario